Comunicado oficial. 
18/11/19 


A plataforma "Barrio dás Flores" quere dirixirse a todo o Goberno local a través do seguinte comunicado:

No Barrio das Flores levamos máis de media década esperando unha iluminación de Nadal como no resto de barrios da cidade. Non é a iluminación do Nadal nosa principal preocupación, se non que, é unha mostra máis do deixamento e o abandono ao que está sometido o Barrio das Flores. Hoxe, ao 18 de novembro, aínda se está a tempo de instalar unha iluminación decente no noso barrio e ilusionar aos máis pequenos. Por iso, redactamos tempranamente este comunicado. Non queremos existir só para pagar impostos, sentímonos parte desta gran cidade, pero xa hai anos que desde María Pita non nolo demostran. Apelamos á comprensión e á xustiza para que este ano, dunha vez por todas, acabemos con detalles tan pouco estéticos e de tanta desigualdade como os ocorridos desde fai xa un longo período de tempo no noso barrio. Esperamos de corazón que as propostas deste comunicado sexan atendidas canto antes polo Goberno local. Moitas grazas.

Barrio das Flores, A Coruña
Todos los derechos reservados 2019
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar