HISTORIA DO BARRIO
O Barrio das Flores é un barrio da cidade da Coruña. Está situado na parte sueste do núcleo urbano, cara onde se foi desenvolvendo a cidade nas últimas décadas. O seu nome ten a súa orixe debido a que nesa zona concentrouse a maior plantación de flores do casco urbano. Os arquitectos José Antonio Corrales (premio nacional de arquitectura), Andrés Fernández, Jacobo Losada ou José Luque participaron neste proxecto que levantou 2.000 viviendas sobre 17 hectáreas. O barrio é un dos únicos de España que non ten tráfico no seu interior, eso fai que teña unha gran zona verde no seu centro. A historia do barrio comeza a mediados da década de 1960 cando a Obra Sindical del Hogar decide crear un novo asentamento para unha poboación que crecía debido a instalación de novas industrias como a refinería. Foi construído entre 1964 e 1967. Inaugurouse oficialmente o 19 de agosto de 1967, coa visita de Francisco Franco. A súa poboación, xeralmente, é de clase media-baixa. En xeral, séguese asociando o barrio coa marxinalidade, opnión baseada na década dos 90, en que determinadas zonas do barrio relacionábanse coa droga e a delincuencia, hoxe é todo o contrario, un barrio residencial único para vivir en familia. Apenas existen comercios, aínda que debido a súa situación está preto de case todos os grandes centros comerciais da cidade, así como do CHUAC. Aínda que carece de equipamentos de carácter cultural e ocupacional, no barrio atópase o centro Parkinson Coruña, o centro de problemas psíquicos, Acopros, e o centro municipal de atención á muller. No centro do barrio atópase o tan coñecido nacionalmente, pavillón do Barrio das Flores.